Escola de Escalada e Montaña

Escola de Escalada e Montaña

Os nenos/as son unha fonte inesgotable de enerxía que necesita ser ben canalizada. Por iso cremos que a escalada achega os retos, coñecementos, sensacións e reforzos positivos para o desenvolvemento do menor. Unha actividade sa e saudable considerada por moitos primordial dentro das actividades de lecer activo e saudable.

O AMI quere con esta Escola achegar aos máis novos á práctica das distintas modalidades dos deportes de montaña, de forma segura, respectando o medio ambiente, divertíndose escalando e coñecendo a montaña. Crear unha canteira de montañeiros e escaladores.

Desde nenos sempre nos gustou rubir, subirnos aos sitios e ver o que hai máis aló, como algo natural. Innegablemente os deportes de montaña proporciónannos todas esas experiencias, sendo moi enriquecedores para os nenos e adolescentes.

Os valores educativos que teñen estas actividades desenvolven calidades cognitivas, motrices, sociais e afectivas. E axudasen a realizar unha actividade sa e saudable que lles poderá acompañar toda a vida, achegándoos ao medio natural para aprender a gozalo e coidalo.

Debido a requirimentos organizativos así como a formación técnica que requiren estas actividades, dificulta a súa iniciación. Desde o AMI exponse unha proposta para achegar os deportes de montaña á poboación escolar e propón unha campaña de divulgación destes deportes nos centros educativos. Tamén propoñemos saídas ao medio natural, con roteiros de sendeirismo, onde se poden realizar actividades interdisciplinares.

Ampliar

Ampliar

Ampliar

Ampliar

Ampliar

Ampliar

Ampliar

Ampliar

Ampliar